Mikasuki Hitchiti-Mikasuki | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Xeorxia e Florida | |
Total de falantes: | 290 (2015) | |
Familia: | Americana Linguas muskogees Oriental Mikasuki | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | mik
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua mikasuki (tamén coñecida como miccosukee, mikisúkî ou hitchiti-mikasuki) é unha lingua muskogee falada por unhas 290 persoas no sur de Florida.[2] Forma parte da póla oriental da familia lingüística, xunto co creek-seminole e o apalachee–alabama–koasati. É falada polo pobo miccosukee e por moitos seminoles de Florida. A variedade hitchiti era un dialecto extinto mutuamente intelixible.